mocupo

Leads de contratación pública e privada

Os concursos veos todo o mundo. Ti chega antes.

Estado, comunidades autónomas e concellos nun só buscador. E o que aínda non é un anuncio: contratos que vencen e quen os ten, o que aproban os plenos, licenzas e proxectos en redacción, prensa local, ofertas de emprego e o que contan nas súas webs e redes as empresas que segues: construtoras, cadeas que abren tendas, hoteis, industrias que amplían planta, hospitais e residencias privadas.

Para limpeza, mantemento, informática, obra, instalacións, subministracións, consultoría… e o teu.

mocupo é un servizo de leads de contratación para empresas que venden á Administración e a clientes privados en España: todas as licitacións públicas nun buscador e, antes do anuncio, o que avisa de que vén un contrato.

Pídeo á carta

Coma a carta aos Reis, pero con leads: escríbenos que queres que vixiemos e cada semana chégache un informe co teu. 59,99 €/mes + IVE, co servizo incluído: montámoscho, afinámolo contigo e o primeiro informe é de balde e sen conta. Mira un real.

Vixiamos fontes públicas e a actividade de empresas e organismos. Datos de particulares, non: nin os seguimos nin saen nos informes.

Unha persoa monta a túa vixilancia

Nada de configurar filtros nin aprender códigos CPV: escríbesnos que negocio buscas e montámolo nós: a túa zona, o teu oficio, a quen segues. Cada semana, un informe cos teus leads e un sitio onde dicirnos que afinar.

Ver un informe real, tapado (en castelán) →

O que ningunha outra ferramenta fai

Buscadores de licitacións hai moitos. Isto é o que só hai aquí.

Chama en xaneiro polo concurso de marzo

O radar xunta todo o que apunta a traballo: contratos que se esgotan, proxectos en redacción, licenzas de obra, o que pasa polos plenos. Cada aviso, co seu porqué e a súa data. Cando a túa competencia le o anuncio, ti xa fixeches a visita.

Ver o radar →

Preséntaste ou non? Dunha ollada

Cada licitación dicche se se gaña por prezo ou por técnica e con que pesos, quen gañou as anteriores e contra cantas ofertas. O que antes era unha tarde co prego, aquí vese desde a lista.

Buscar abertas →

Prefires buscar ti?

Todo o que o sector público está a mercar, aberto e sen conta. O buscador está en castelán; os títulos, na lingua en que os publica cada organismo.

Ir ao buscador →